LAMATUMBÁ

         

| BIOGRAFIA | MP3 | GRABACIONES | CONTACTO |

         
Biografía:        
         

           O Reggae, o Rock, a Rumba, a Samba, o Funk e os éxitos do verán, esta é a identidade sonora de Lamatumbá, que a presenta como unha das propostas máis frescas e novedosas do actual panorama musical. A forza do seu directo ten chegado a festivais e salas de Galicia e de todo o estado.
En Xuño de 1998 preséntase no seu primeiro concerto, unha noite memorable no mítico Moucho de Ourense. Ese verán os membros do grupo participan na dinamización musical da Feira das Mentiras, organizada por Manu Chao. A experiencia actúa como impulso para a banda, nace Lamatumbá.
Durante 1999 consolídase a primeira formación. Ico á voz, Manolo Potone ó baixo, Ángel Gafas ó clarinete e gaita, Tonillo á guitarra, Manolinho na percusión, Jaime Mateo na batería e Samuelito na trompeta e frauta. Continúa a xira de concertos por toda Galicia, actuando en máis de vinte escenarios.
En Maio de 2001 edítase o primeiro disco, "Pachangüilanuí", co selo Xingreira. "Licor Café", un dos temas da grabación, inclúese na banda sonora da serie de TVG, Terra de Miranda. Neste tempo son compañeiros de escenario de Manu Chao, Mau Mau, Hechos Contra el Decoro e Nilo M.C., entre outros moitos.
No 2003, cen concertos despois, iníciase unha nova etapa coa entrada de Pedro Feijoo (Los Feliz) e a grabación de cinco novos temas, que pronto verán a luz formando parte dun novo Cd.
A formación actual está composta por: Ico na voz, Ángel no clarinete, Samuelito na frauta e saxo, Puntxa nas percusións, Txitxas na batería, Cris Asenjo no acordeón, Pedro Feijoo no baixo, El Niño na guitarra e Toño Moucho na guitarra eléctrica.
Lamatumbá é un proxecto multiartístico, aberto ás xentes do teatro e da literatura, presente en asociacións e diversos proxectos culturais. Sempre activo, en movemento. O conto dun camiño que nunca se deixa de percorrer. Un grupo galego que sona a mundo

 

 
Mp3:
 
Watercumbia - 7.046 Kb  - DESCARGAR  -
Grabaciones:
" Pachangüilanuí " - 2001
"Lume (para que saia o sol)" - 2005
.
Contactos:
 
Lamatumbá:  info@lamatumba.com  
Lamatumbá . . . . . . . . . 655 535 117

Web: www.lamatumba.com

 
Foto grupo: Mangui films