MOLIMO + TRIO QUARTET

Concierto
Molimo_LaRoom
  Viernes, 17 de Julio de 2026 23:00

  Sala La Room  |  Ferrol, Galicia, España

O venres 17 de Xullo ás 23.00 h. temos un concertazo de dúas bandas TRÍO QUARTET e MOLIMO organizado con Ferror Records
Entrada única 10 €
Podes reservar a túa entrada na páxina da La Room ou no email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Molimo + Trío Quartet
O evento do dia 17 de xullo ás 23:00 constara de dúas actuacions independientes de Molimo (trio de Chefa Alonso) especializado en improvisacion libre e Trio Quartet, con un par de pezas preparadas en conxunto polas duas formacións.
MOLIMO.-
O Molimo, canción da selva, é unha música que cantan os bambuti nos seus rituais. En ocasións, confúndese co son dos grilos, das ras e das aves nocturnas; o seu son fúndese co do bosque. É libre e misterioso, vén de lonxe. Viaxa pola selva, aparece e desaparece, sen deixarse nunca aprisionar.
A música deste trío de improvisadoras pódese definir como unha viaxe sen medo para crear texturas asimétricas e suxestivas. Entrelazan delicados fíos e constrúen madeixas de cores vivas, onde non se escatiman a aspereza, o contraste, a dozura, a forza, a melancolía e a poesía. Un discurso sincero, sorrinte e inquedo. Tres voces atentas explorando, navegando con independencia, reivindicando novos camiños e territorios.
En palabras do poeta Víctor M. Díez: «Cando escoito Molimo, oio un vento murmurante e un tricotar que vén de antigo. Elas lévanme a un bosque baixo o mar, onde a respiración é doce e as ortigas bican. Molimo é egua, é onda, é abalorio. Pegadas de pés descalzos na area. Todo nelas fala de sol e, porén, Molimo é a frescura baixo a parra, o claro de lúa reverberante, o ardor do mar, voces afastadas na calor da noite... Improvisade, improvisade, miñas tres cigarras nocturnas nunca tristes».
Molimo actuou en varias ocasións en Londres e Madrid: Vortex, Ryans Bar, Art House, Boating (Londres) e Taberna Alabanda (Madrid).
En xaneiro de 2013 participou no Festival Internacional de Improvisación Hurta Cordel, na Casa Encendida (Madrid), e en xullo do mesmo ano no Festival Imaxina Sons (Vigo).
En novembro de 2016 presentou o seu primeiro CD dentro do selo Vector Sounds, no Jazz & Cooking Festival de Valencia e en Londres, no I’Klectik e no Vortex Jazz Club.
As tres improvisadoras colaboraran anteriormente en diversos proxectos multidisciplinares que incluían música, poesía, imaxe, danza e artes plásticas, como o octeto En Crudo, o sexteto Sin Red, a Orquestra Carníval e a Orquestra Farmacia 13. Teñen unha ampla experiencia no jazz e na música improvisada e actuaron, en distintas formacións, en festivais de toda Europa.
TRÍO QUARTET.-
Trio Quartet nace como proxecto no 2026 coa idea de crear un espazo para a composición e improvisación jazzistica na comarca de Ferrol. Inicialmente eramos 3, despois sumouse un máis, por iso Trio Quartet.
A banda esta conformada por Roman Verdeal(Guitarra) Gabriel Sima(Baixo) Hugo Martinez (Teclado) Angel Rodriguez (Bateria). Como proxectos paralelos Gabriel, Hugo e Angel conforman a banda Demo Rumudo xunto con outra pila de xente.
Estilisticamente Trio Quartet movese entre o jazz contemporaneo e tradicional, con algunhas composicións que poden recordar aos artistas dos 70s-80s (Metheny, Chick Corea, Jaco...) e outras que se moven mais preto do Swing ou da Bossa.
 

 

 

Dirección
La Room, 142, Calle Sol, A Madalena, Ferrol, La Coruña, Galicia, 15402
Galicia, España

 

Mapa


 

Todas las fechas


  • Viernes, 17 de Julio de 2026 23:00

Desarrollado por iCagenda