O vindeiro 14 de febreiro, Ruxe Ruxe, un clásico do rock galego por excelencia, están de volta presentando o seu novo disco, "O estraño falar dun monstro da aldea". A cita será na Sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas para este concerto xa se poden adquirir por 10€ en A Reixa Tenda, O Besbello, O Bartolo uo a través da web www.eventbrite.es

Deixamosvos a descripción oficial do evento:

Ruxe Ruxe presentan "O estraño falar dun monstro da aldea", gravado nos estudios Gárate (Euskadi) con Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu).

Ruxe Ruxe é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 23 anos de traxectoria, 12 LPs no mercado e máis de duascentas cancións orixináis  publicadas, están no seu mellor momento. Con enerxías renovadas, presentan o seu novo disco.

Ruxe Ruxe é por méritos propios unha das bandas galegas máis lendarias, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do políticamente correcto. Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro, directo e emocional, a esencia do adn dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96.

Ruxe Ruxe foi, é e será unha banda de culto. As súas cancións son banda sonora en películas, anuncios de TV e programas deportivos, e xa forman parte da memoria colectiva dunha parroquia de galegos e galegas que sempre lles agasalla o seu cariño, admiración e respecto.

Ruxe Ruxe son:

Vituco Neira – voz e guitarra
Xan Pericán – saxo, coros e pandeireta
Xaco Barona – gaita
Xulia Neira - baixo
David Barbas - guitarra e coros
Iago Jorge - batería
 
Venres, 14 Febrero 2020 ás 21:15h 
Sala Capitol
Santiago de Compostela
10€ anticipada / 13€ taquilla

Venta de entradas: A Reixa Tenda | O Besbello | O Bartolo | www.eventbrite.es

Máis información: