Tras presentalo na Sala Caracol de Madrid o pasado mes de outubro, Tito Ramírez desembarca agora en Santiago co seu primeiro longa duración, The kink of mambo; unha explosión de xéneros de mediados do século pasado, ritmos que viaxaron entre o Caribe e os Estados Unidos e que Ramírez perverte con clase, picardía e afán de renovación. Coñecido, como «o fantasma do mambo», Tito Ramírez é unha alegoría do personaxe da novela gótica de Gastón Leroux, O fantasma da ópera.

Tras presentalo na Sala Caracol de Madrid o pasado mes de outubro, Tito Ramírez desembarca agora en Santiago co seu primeiro longa duración, The kink of mambo; unha explosión de xéneros de mediados do século pasado, ritmos que viaxaron entre o Caribe e os Estados Unidos e que Ramírez perverte con clase, picardía e afán de renovación. Coñecido, como «o fantasma do mambo», Tito Ramírez é unha alegoría do personaxe da novela gótica de Gastón Leroux, O fantasma da ópera.

ESTE SÁBADO, 5 DE DECEMBRO, NO HOTEL NH COLLECTION DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.              

REXÍSTRATE AQUÍ PARA VER OS CONCERTOS EN LIÑA                                                     

Concertos

JOSELE SANTIAGO & DAVID KRAHE (Sold Out)

O compositor e guitarrista Josele Santiago, líder do grupo de rock Los Enemigos, estréase no Outono Códax Festival, acompañado polo tamén membro da mítica banda española de rock e guitarrista, David Krahe. Será un dos pratos fortes desta edición, incluíndo unha actuación conxunta da que non desvelaremos repertorio pero que incluirá algúns dos temas favoritos dos artistas.

Josele e David chegan ao festival en plena xira do seu novo disco con Los Enemigos, Bestieza. Con este xa son dez os álbums do grupo gravados en estudio e o seu potente single «Siete mil canciones», último número 1 antes do confinamento, vai camiño de converterse nunha desas cancións que permanecen. Responsables dalgunhas das máis influíntes da nosa música popular contemporánea, agora Los Enemigos volven cun disco autoeditado a través do seu selo, Alkilo Discos, o que supón o reencontro cos seus numerosos fans.

TITO RAMÍREZ (Sold Out)

En novembro de 2016 Discos Antifaz lanza un single dun artista chamado Tito Ramírez, sen máis información. Pronto se estendería o rumor de que se trataba dunha gravación inédita, da década dos 60. Ninguén daba con datos do seu autor, e a lenda chegou ao seu cume cando Diego RJ, do Sótano de Radio3 pon o single «El solitario».

Agora, Ramírez está de volta nos escenarios para presentar o seu primeiro LP. Editado por El Volcán con licenza de Discos Antifaz, The Kink of Mambo podería traducirse por O perverso do mambo ou A perversión do mambo e nel o autor regálanos unha exquisita mestura de R&B, boogaloo, chachachá, e por suposto maaaambo! desde unha perspectiva moi persoal que perverte canons e patróns rítmicos.

THE LIMBOOS (Sold Out)

Con Baía, van xa tres discos en cinco anos. The Limboos continúan a súa imparable traxectoria musical e regresan a Compostela para agasallarnos cunha das actuacións máis especiais do festival. A música desta elegante banda, herdeira da mellor tradición musical dos anos 50, encontrarase neste Outono Códax nada menos que con Josele Santiago.

Acompañado do guitarrista David Krahe, os dous integrantes de Los Enemigos –que veñen de sacar novo disco (Bestieza, 2020)–  compartirán escenario con estoutro grupo galego madrileño e coas súas fantásticas propostas de Exotic Rhythm & Blues. Non queremos desvelar nada do contido desta simbiose, pero estamos seguros de que quedará para o recordo do festival.

THE SEY SISTERS

Baixo este nome atópanse un espectacular trío de voces negras. As combativas The Sey Sisters son tres irmás de ascendencia ganesa, nadas en Cataluña, que nos convidan a experimentar unha viaxe musical desde o góspel até a música africana, pasando polo soul. Os seus cantos están impregnados de emoción e xorden da loita contra as inxustizas, a defensa dos dereitos humanos e a esperanza no futuro.

O ano pasado presentaron o seu segundo disco, Rise, co que chegan a Compostela; un álbum que é unha reivindicación do colectivo de mulleres afrodescendentes, ao que elas pertencen, e que xorde da necesidade de expresarse desde o que son: mulleres fillas de persoas migradas que, a pesar de ter nacido e medrado en Cataluña, loitan cada día para que a súa cor de pel non determine o seu camiño.

UKESTRA DO MEDIO

A orquestra de ukeleles compostelá presenta nesta edición o seu primeiro traballo longo, Outras Lérias, gravado no Laboratório Soyuz com Xurxo Pinheiro e Hevi.

Con sete anos de traxectoria, desta volta presentan por primeira vez temas propios, cantados en lingua galega e con influencias que van do pop máis intimista ao surf, power-pop ou country, feito con ukeleles, baixo e caixón.

SABELA KING & THE HEARTBREAKERS

Con máis de douscentos concertos por toda a xeografía galega, Sabela King and the Heartbreakers repiten no Outono Códax Festival, tras gravar o seu primeiro disco homónimo. Nel apostan por mesturar composicións propias con versións moi personais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau. 


Además de los conciertos habrá una actividad paralela variada con vermús, pinchadas, presentaciones, exposiciones y otras sorpresas que no faltarán en este décimo aniversario y que cuya información podéis consultar en la Web del Festival o en su Facebook.                                                                                                                                                                                                             

 Entradas

 Información de entradas en:
A REIXA-MATRIOSKA (Horreo, 46. Santiago. Tel.: 981 57 51 38) 

Josele Santiago + The Limboos: 25€

Tito Ramírez: 20€

The Sey Sisters: 18€

Sabela King e Ukestra do medio (T. Principal):

por orde de reserva en www.compostelacultura.gal  (a partir do luns 7 de decembro ás 10.00h)

Eventos no Riquela, A Reixa-Matrioska, Fuco Lois:  entrada libre ata completar a capacidade permitida

Catas de viño: para asistentes aos concertos.  Acceso por sorteo previa inscrición. Ata 10 prazas por espazo

A localización definitiva e horarios poden variar. Concertos emitidos en streaming diferido, consulta as suas redes sociais 

https://www.facebook.com/outonorockfestival