ANDRHEA & THE BLACK CATS
Lugar de reunión: C.C Torrente Ballester | Ciudad: Ferrol, Galicia, España
O Xoves 11 Decembro ás 20.30 h. na capela do C.C. Torrente Ballester de Ferrol concerto do quinteto de Blues clásico ANDHREA & THE BLACK CATS
Entrada única 3 € ... XA A VENDA en https://pago.ataquilla.com/...
Programado pola Concellería de Cultura de Ferrol dentro do ciclo " Os Xoves da Capela"
ANDHREA and THE BLACK CATS é unha banda de blues clásico formada en Santiago de Compostela, composta por:
- Ramón Figueira "Figui" (armónicas)
- Andhrea Verdú (voz)
- Benjamín Vázquez (guitarra)
- Aitor García (batería)
- Manuel Martínez ( tuba)
Gañadores do VI Concurso de la Societat de Blues de Barcelona, esta banda Compostelana leva percorrendo Galicia e parte da península dende 2012.
Do Festival de Blues de Benicassim (2016) ao Sweet Cotton Festival (2018) desfrutaron dos seus directos cargados de proximidade e unha atmosfera colmada de complicidade, harmonía e ritmo.
Hoxe en día están a presentar a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando aos seus directos dun carácter que fai recordar á vella New Orleans, sen abandonar o seu particular "blues viejuno“
Dende a súa creación veñen interpretando temas do blues máis tradicional aderezados co seu particular estilo.
O repertorio de Andhrea & the Black Cats supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ó público a outra época a través das historias narradas no sou momento polos autores máis clásicos cun trasfondo, na maioría dos casos, vixente aínda hoxe en día.
Veñen de publicar recentemente o seu primeiro traballo de estudio, "New Roads", 10 cortes que resumen o que son Andhrea and the Black Cats e o camiño feito dende o seu nacemento.
Entre o seu percorrido profesional ,podemos destacar que foron os gañadores do VI concurso de la Societat de Blues de Barcelona.
Tocaron por salas relevantes de Barcelona como é o Campari Milano, ademáis de festivais nacionais como o Festival de Blues de Benicassim, o Outono Codax ou o Vilablues.
www.andhreaandtheblackcats.com
Lista de Fechas (detalles en la Página de eventos)
- Jueves, 11 de Diciembre de 2025 20:30
Desarrollado por iCagenda