Sabela King & The Heartbreakers regresan ao festival, agora co seu primeiro disco de título homónimo baixo o brazo. Nel apostan por combinar composicións propias con versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau. Será un espectáculo en directo marcado pola moderación e a sutileza. A poderosa voz de Sabela encaixa á perfección coas atmosferas creadas polos Heartbreakers, resultando nun espectáculo cheo de texturas e matices. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respecto polas linguaxes da música popular, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.

O festival tiña previsto reunir o próximo 11 de decembro as bandas galegas Sabela King & The Heartbreakers e Ukestra do Medio. Finalmente, a agrupación compostelá de ukeleles non poderá actuar este venres por motivos de saúde. O concerto de Sabela King & The Heartbreakers mantense sen cambios na programación.

VENRES, 11 DEC. TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO, 19.00h (portas).

Sabela King & The Heartbreakers será a terceira cita musical desta edición do Outono Códax Festival, que este sábado pasado viviu un deses bolos que pasan á súa historia. Foi co concerto de Dinamita Ramírez, o perverso do mambo, que puxo en pé o público asistente no Hotel NH Colleción Santiago cun directo vibrante. Mambo, chachachá, R&B e moito picante, foron os ingredientes principais dun Tito Ramírez en pleno estado de forma.

Amais do seu exitoso tema «Lonely Man», co que xa se ten convertido nun clásico das pistas de moitos clubs de soul e R&B de toda Europa, Tito Ramírez interpretou o seu segundo single «Last train» ou a revisión tan especial en clave chachachá de «Amanecer sin ti», de Palito Ortega, incluído no seu primeiro elepé, The kink of mambo, que continúa esgotado neste momento.

 

Este excitante concerto, pode aínda visualizarse na páxina de VIMEO de Bodegas Martín Códax, previa inscrición na súa na súa tenda en liña, onde estará colgado durante dez días. Ante as restricións vixentes para a asistencia a eventos culturais, a organización do festival mailo patrocinador decidiron este ano retransmitir todos os concertos de balde 48 horas despois do directo, para facilitar o acceso de todas as persoas  interesadas.

A última cita deste ano co festival galego de música negra chegará o 18 de decembro ao Mercado da Estrela, co espectacular trío de voces negras catalás, The Sey Sisters. As reivindicativas irmás de orixe  ganesa nacidas en Catalunya ofrecerán ritmos que van do gospel á música africana, pasando polo soul. As súas cancións están impregnadas de emoción e inspiradas na loita contra as inxustizas, a defensa  dos dereitos humanos e a esperanza de futuro.

Ademáis dos concertos haberá unha actividade paralela variada con vermús, pinchadas, presentacións, exposicións e outras sorpresas que non faltarán neste décimo aniversario e que cuxa información podedes consultar na Web do Festival ou no seu Facebook.                                                                                                                                                                                                             

 Entradas

 Información de entradas en:
A REIXA-MATRIOSKA (Horreo, 46. Santiago. Tel.: 981 57 51 38) 

Josele Santiago + The Limboos: 25€

Tito Ramírez: 20€

The Sey Sisters: 18€

Sabela King e Ukestra do medio (T. Principal):

por orde de reserva en www.compostelacultura.gal  (a partir do luns 7 de decembro ás 10.00h)

Eventos no Riquela, A Reixa-Matrioska, Fuco Lois:  entrada libre ata completar a capacidade permitida

Catas de viño: para asistentes aos concertos.  Acceso por sorteo previa inscrición. Ata 10 prazas por espazo

A localización definitiva e horarios poden variar. Concertos emitidos en streaming diferido, consulta as suas redes sociais 

https://www.facebook.com/outonorockfestival