A banda de metal vimiancesa Teima vén de estrear o seu segundo single “Túa nai é meigha”. Este segundo tema vén acompañado dun novo videoclip, producido polo colectivo audiovisual “Catro Ghatos”. Unha peza xa dispoñible en YouTube, e en todas as plataformas dixitais.
 
Nesta ocasión, Teima entra de cheo no mundo tradicional galego, para levar ao seu terreo unha das pezas galegas máis celebres. O tema pretende enfocarse no carácter literal da letra, a cal esconde unha mensaxe escura e desoladora. Para esta mistura de sons, “Túa nai é meigha” conta coa colaboración de Adela Dios, Emma Curra, e Noa Pichel.
 
O videoclip, dirixido por Pablo Alvite, afonda esta vez nunha narrativa con estrutura circular. Unha peza audiovisual na que as lendas, a tradición, e a arte, se xuntan para mostrar a súa intemporalidade. Co fin de plasmar dita idea, a banda contou coa colaboración do escultor vimiancés Suso Fuentes, quen cedeu as súas obras e o seu espazo de traballo.
 
Máis información: