Grilo é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián, á guitarra e á voz; Miguel, á batería; e Alberte, ao baixo e aos coros.

En novembro de 2018 publicaron “Criminal", o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. “Rebelión”, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda posicionarse no xerme da nova escena musical galega.

Desde 2020 presentan "Dálle Lume", un esperado LP conformado por nove cancións en lingua galega e letras potentes e reivindicativas que o grupo leva aos directos dunha maneira coidada, sorprendente, impactante e con grandes doses de adrenalina como xa nos teñen acostumados/as.

Tralo parón da banda compostelá a raíz da pandemia da covid, Grilo volve aos escenarios con máis forza ca nunca.

Presentan "Deixádeme", unha nova canción na memoria de Chris Cornell, cantante de bandas como Soundgarden e referente do grunge e do rock alternativo que tanto gusta a este trío.

"Deixádeme" fala de como unha persoa pode chegar a sentirse ao estar exposta a nivel mediático e público, da dificultade de xestionar o torrente de emocións que un artista ten sobre un escenario e do lugar de vulnerabilidade no que o sitúa.

FICHA TÉCNICA Deixádeme: 
Letra e música: Grilo
Gravado por Óscar Fernández (Chichi) nos Estudios Mafia (Carballiño) en decembro de 2021. 
Videoclip realizado por: Seispés Producións Creativas.

XIRA POR SALAS GALEGAS
Co pistoletazo de saída do novo sinxelo, arrancan unha xira por salas galegas que os levará a:
  • 25/2 Sala Baranda (O barco de Valdeorras)
  • 05/03 Sala Karma (Pontevedra)
  • 12/03 Club Clavicembalo (Lugo)
  • 19/03 Auriense (Ourense)
  • 26/03 Pub Gatos (Melide)
Máis información: