As bandas de Punk Rock, Bule, Harry May e Maldizer estarán descargando a suas cancións o vindeiro sábado 22 de outubro na Cidade de As Burgas.

O concerto será no Café Cultural Auriense a partir das 20:00h. As entradas teñen un precio de 12€.

Este é un dos concertos cos que as tres bandas están a recorrer diferentes lugares da xeografía galega presentando a su música.

Bule son unha banda de Pontedeume co punk do 77 como referencia e a admiración por bandas como The Undertones, The Boys, Radio 77, etc... Publicaron no 2020 o seu segundo traballo "Cando nos volvamos ver". Melodías contaxiosas, letras en galego e unha morea de referencias cinematográficas, lúdicas e de experiencias vitais é o que poderedes atopar nas súas cancións.

Harry May chegan dende Vigo para descargar su OI! StreetPunk con toda a sua enerxía. Ata agora cun unico traballo publicado "What's his name?... Harry May!" soando a clásicos dos 90 recordando por momentos a grupos de punk Oi americano como Zakarrak ou The Crack ou a punk rock máis cercano como M.C.D.

Maldizer veñen dende A Gudiña a presentarnos a sua primeira demo chea de Punk con retazos PowerPop, melodia e mala ostia a partes iguais. Vellos coñecidos con novas músicas para facernos suar sen compaixón nos seus concertos.

Máis información: