Cun punk rock descarado e sen filtros, Lisdexia gaña terreo como unha das bandas máis auténticas da escena galega. Non veñen salvar o mundo, veñen facelo bailar. En abril de 2025 publicaban “Esclavos do baile”, un EP de garage e punk; sarcástico, emocionante e repleto de enerxía.
Agora, estes himnos incendiarios cobran vida no escenario.
Cun directo consolidado en multitude de salas e festivais por toda a comunidade, Lisdexia presenta agora o seu novo EP “Esclavos do baile”: seis himnos incendiarios que lanzan consignas que van dende a sátira lingüística ata a épica da resaca, sempre cunha conclusión clara: se queda vida, queda festa.
Un traballo sarcástico, emocionante e repleto de enerxía, que os destaca na escena actual.
Lisdexia tece un son propio, mesturando garage e punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, dando forma a un estilo propio e enérxico pensado para prender as pistas.
O resto é silencio… ata que empece o baile.
Lisdexia é unha formación de rock en galego, orixinaria de Muros (A Coruña), composta por Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Antón Vara (baixo), Chema Caamaño (batería) e Javier Fernández (guitarra).
Escoita Lisdexia en Spotify: https://open.spotify.com


