“Eterno Festival” é o último adianto no noso próximo EP (á venda o 12 de Abril).

Nesta canción contamos ca colaboración dos nosos irmáns e veciños GANJAHR FAMILY.

INFO: A canción é unha homenaxe a Juan Juanin, un amigo que hai dous anos e medio saíu de viaxe sen avisar, deixando un inmenso baleiro nas nosas vidas pero tamén unha gran lembranza gravada a ferro na memoria de cada unha das persoas que o queriamos. El foi percusionista de Dakidarría nos nosos inicios, antes de que o mundo do circo lle tocase o corazón e se convertese na súa paixón, o seu traballo e a súa forma de vida. Con el na nosa pandilla vivimos os primeiros veráns tolos, as primeiras festas, os primeiros concertos.

Vital, desenfadado, enérxico, positivo e alegre como ninguén; deixou, trala súa partida, unha gran familia de artistas e amigas que nos reunimos o pasado mes de Marzo para realizar este videoclip. Máis de 60 persoas desprazáronse ata Vigo para a gravación nunha xornada na que, ademais de emocionarnos e lembrarnos de Juanín, fixemos o que mellor se lle daba a el: divertirnos, rir e facer rir ás demais. O videoclip foi dirixido polo noso irmán Alberto Lora coa inestimable axuda aérea de Santi Iglesias e Pío Cribeiro.

Mil grazas a toda as participantes é en especial a Evolution circus, Troula Animacion, Circonove, Manuel Castro, Novalbos Wave Company, SomosOcéano, Arkham Galiza, Woodtown, Proletarian Barrio Clothing, Macondo.cat e Partisano.cat por toda a axuda prestada.

Esperamos que vos guste e, sobre todo, esperamos que lle guste a Juanín… Show must go on!

Más información: