O vindeiro sábado 31 de xullo vaise celebrar a III edición do Festival da Trastenda na Pobra do Caramiñal. Organizado pola Asociación cultural e centro social A Trastenda contará coa participación de Human, Os Bar Ban Sónicos, Bule, copa Turbo y Kings of the Beach.

Human, banda local que está a dar os primeiros pasos pero con membros de bandas xa experimentadas, o frontman Martin Sánchez xa foi cantante de Proyecto Moucho coa súa impresionante voz, e a sección ritmica ven de Golpe Radikal

Os Bar Ban Sónicos, tamén da Pobra, banda de garaxe punk con varias gravacións xa realizadas, un primeiro EP editado en outubro de 2020 e recentemente acaban de sacar un novo single de adianto do que será o seu primeiro álbum a publicar este ano. 

Bule de Pontedeume, traeran o seu power pop vitaminado e con raices punk e presentarán as cancións dos seus 2 EP,s xa publicados.

Copa Turbo, banda que nace en 2017 en Compostela onde se coñecen estudando os seus 3 membros presentarán o seu recente primer EP e a súa mestura explosiva de garaxe, pos-punk e noise.

Kings of the Beach, os vigueses pecherán o festival co seu garaxe punk surf, posibelmente unha das bandas máis en forma da escena garaxe e punk galega e que conta xa ás súas costas con traxectoria internacional.

O festival empezará ás 21h nas pistas do Lapido da Pobra do Caramiñal e a entrada será de balde até completar a capacidade do recinto e cos correspondentes protocolos e medidas anticovid.

Máis información: