Os pasados 27 e 28 de outubro celebramos os 20 anos que levamos na rede de redes.
O fixemos, coma sempre, con música en directo e ademais ca entrega por primeira vez do Xingro de Honra. Un galardón co que desde CanedoRock quérese recoñecer a traxectoria profesional ao longo dos anos de persoas ou entidades que entenden o Rock como unha mostra máis de Cultura axudando á súa difusión e posta en valor.
Este ano o homenaxeado foi Carlos Domínguez "Charli" e durante o acto de entrega no Liceo de Ourense actuou o trío Barbaña Blues.
Non podia faltar a nosa cita anual ca música en directo e o día seguinte no Café Cultural Auriense contamos ca actuación de Susie Q's na Sesión Vermú e de No Chillin' Siesta Boys, Calle del Ruido e Malditos Pendejos na nosa Festa Concerto.
Deixámosvos este pequeno resumen de como o vivimos.