Un ano máis volta o Kanekas Metal Fest a Cangas do Morrazo. Nesta novena edición ampliase a duas fechas, 27 e 28 de Xullo, nas que pasarán polo seu escenario nove bandas.
Aphonnic, El Altar Del Holocausto, Nashgul e Nazca serán os encargados da banda sonora do venres 27 e Haemorrhage, Teething, Adrift, Foscor e Cuchillo de Fuego os do sábado 28.
O Festival está feito por un grupo de amigos co apoio do concello de Cangas do Morrazo, non lucrativo e sobre todo, feito para todos os que amades o metal alternativo.
Como cada ano a entrada é de BALDE e será celebrado detrás do concello de Cangas do Morrazo, en pleno núcleo urbano.
Evento en Facebook: www.facebook.com/events/405180669985392/
Toda a información no seu sitio oficial: http://morrazica.com
https://haemorrhage.bandcamp.com/
https://elaltardelholocausto.bandcamp.com/
https://teething.bandcamp.com/
https://cuchillodefuego.bandcamp.com/
https://adrift666.bandcamp.com/
https://aphonnic.bandcamp.com/
https://nazcametal.bandcamp.com/